
- Este evento ha pasado.
Presentación de “O libro negro da lingua galega”
19 de julio - 20:30

Presentación de “O libro negro da lingua galega” de Carlos Callón.
A publicación recolle e explica testemuños da represión linguística en Galiza ao longo dos
séculos.
Desde a crueldade dos castigos nas escolas por falar galego, acreditados desde 1543 até 1980 até as multas franquistas por “hablar al público en gallego” ou a indicación do Ministerio de Educación que no 1980 expedientaba e exhortaba a “repudiar”o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.
Carlos Callón, que ven presentando o libro en distintos puntos de Galiza baixo a premisa de “coñecer o pasado para mudarmos o futuro”, estará acompañado polo escritor e xornalista Afonso Eiré.