martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de O soño do desenvolvemento de Galica

25 de abril, 2018 - 19:00

Libro de Manuel Roca Cendán

Editado polo Instituto de Estudos Chairegos

O seu autor é unha das persoas que, na alborada deste terceiro milenio, fundaron o IESCHA. É Licenciado en Cencias Económicas e Empresariais pola Universidade compostelá e, na actualidade, forma parte da xunta directiva do Instituto de Estudos Chairegos.

O IESCHA decidiu publicar este libro neste ano, no que se cumpren 50 da morte do vilalbés Lois Peña Novo, una das figuras esgrevias das Irmandades da Fala, movemento sociopolítico e cultural que de maio de 1916 a decembro de 1931 traballou arreo polo autogoberno de Galicia e por darlle pulo á súa cultura, nomeadamenbte ao noso idioma propio.

Lois Peña Novo foi o principal estudoso da economía galega no primeiroterzo do século XX; estudou os seus problemas (os foros, a emigración, o atraso, a dependencia, a falla dunha fiscalidade propia ou dun Banco Público Galego…) e prantexou as solución que coidou eran as máis axeitadas para que Galicia acadase un crecemento socioeconómico sostido e autocentrado, así como una xusta distribución da riqueza xerada.

Dúas das súas achegas máis salientables na súa análise da realidade económica e social galega de hai un século:

• A proposta da implantación en Galicia de impostos progresivos sobor da renda e máis sobre o patrimonio; o primeiro tardaría en aplicarse no Estado español máis dunha década -na Segunda República- e o segundo máis de medio século –uns anos despois da morte do ditador Franco-.

• A loita prol da creación dunha Banca Pública Galega, como panca imprescindible para darlle pulo ao progreso económico e social; logrou incluilo no Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia que se aprobou en xuño de 1931 na Asemblea celebrada en A Coruña.

Detalles

Fecha:
25 de abril, 2018
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21
Lugo, 27003
Web:
https://www.libreriatrama.com/
X