miércoles, octubre 5, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de «Os Eidos»

25 de mayo, 2018 - 20:00

A Biblioteca de Mesopotamia presenta a edición máis completa de “Os Eidos” de Novoneyra en Lugo

As características do volume convérteno en excepcional por varias razóns, entre as máis suliñábeis, a inclusión dun dicionario novoneyriano, titulado As cores do ucedo e realizado por Emilio Araúxo. Como resultado de máis de quince anos de entrevistas e conversas co escritor, Araúxo saca nese texto á luz cuestións ata agora inéditas sobre a xénese do libro e os estados emocionais nos que Novoneyra vivían nos anos en que o escribiu. Ademais, o volume inclúe unha introdución de Olga Novo, unha das grandes especialistas na obra do escritor courelao, e un conxunto de caligramas relativos ao poemario.

Os Eidos converteuse, xa desde a súa publicación en 1955, nun dos títulos fundamentais da poesía galega do século XX e o paso do tempo non fixo máis que afianzar esa posición indiscutible entre a crítica e entre os lectores. Considerado o inicio dunha corrente que diluía o persoal en favor do común, o libro naceu durante a convalecencia de Novoneyra por unha grave pleuresía, entre 1952 e 1954. Nesa convalecencia –aseguraba o poeta– a súa mirada abriuse a unha percepción directa das cousas, dos seres e da terra, o cal lle permitiu concibir a propia terra como unha forma onde se escribe algo que se nos segue a dicir, sen interrupción. O gran misterio de Os Eidos é o de poñernos en contacto cunha memoria profunda.

Detalles

Fecha:
25 de mayo, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

CENTRAD
Rúa Chantada, s/n
Lugo, 27004
Teléfono:
982 21 00 66
Web:
http://www.centrad.org/portal_localweb/p_1_principal1_centrad.jsp?codResi=18&language=gl
X