jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro: ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’.

20 de diciembre, 2018 - 20:30

PRESENTACIÓN DO LIBRO: ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’, de Xurxo Souto
INTERVENCIÓNS: Xurxo Souto, autor
DATA: xoves 20 de decembro
HORA: 20:30 hs.
LUGAR: Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1-baixo 5)

Cultura do País organiza para o vindeiro xoves 20 de decembro ás 20:30 no seu local, o Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1-baixo 5) a presentación do libro ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’, do músico e escritor Xurxo Souto, que participará no acto.

O relato segue a viaxe do arrastreiro Macallás, que sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda na ponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosa vocalista do conxunto ForzA dozZE! É unha marea ben curiosa. Entre lance e lance, a mariñeira heavy vai entrar en tratos con Lipeilipeisa, un peixe-sapo que fala, e mesmo aprenderá a cántiga de Mamí Watá, que é a serea negra da Guiné, esa que chegou canda os mariñeiros senegaleses.

A gran travesía de Chiruca Macallás conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación. Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís, Xurxo Souto ofrécenos unha novela personalísima que retrata a aventura dunha marea singular con ton epopeico.

Detalles

Fecha:
20 de diciembre, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:
X