
Presentación do libro «A negrura no peito»
18 de noviembre - 21:30

Presentación do primeiro libro do lucense Xosé Brais García: «A negrura no peito»
Ho! Gruf
Venres 18/11 – 21:30 horas o autor «recitará» un texto que se titula «A negrura ao vivo» que condensa o libro en uns 15 minutos. Acompañado de Rafa Fernández á guitarra.
Unha vez remate, cara as 23:30 Diego de la Church, batería de Thee Blind Crows vai pinchar uns vinilos a modo fin de festa.
Libros á venda e un libreto de serie limitada co texto que recita na presentación que se poderá adquirir por separado ou xunto co propio libro.
«O libro é unha traxedia na que tento falar do dereito das persoas a romperse e rebelarse de xeitos políticamente incorrectos contra a violencia estrutural silenciosa e silandeira que pouco a pouco agrede e vai matando en vida a moita xente.
Ten unha estrutura por capítulos onde se misturan os monólogos de dúas persoas e un diálogo entre outras dúas que nos vai situando na acción. Tamén é posible lelo sen seguir a súa estrutura, escollendo poemas ao chou.»
Hai xente que da noxo.
Agochan a súa esencia
Agochan a súa esencia
para manter os privilexios
que os erguen.
Á espreita agardan
Á espreita agardan
o momento do asalto
Impórense sempre aos máis.
Son imposición violenta.
Son imposición violenta.
Outra xente habita
na tolemia do abuso sofrido,
morrer é vivir na exclusión
morrer é vivir na exclusión
contínua, transversal e mutante.
Voltar os golpes
Voltar os golpes
non lles está permitido.
Han ser sempre terroristas.
É sinxelo dicilo, perder o medo.
A NEGRURA AO VIVO Primeira edición, outono de 2022
(no primeiro aniversario d’A negrura no peito)
Textos: Xosé Brais García @obuxato (instagram)
Ilustracións: A Cobiza
Revisión lingüística: Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Reices de Couso, Luzía Álvares
Deseño e maquetación: Diego Núñez Álvarez
Impreso na Galiza
(no primeiro aniversario d’A negrura no peito)
Textos: Xosé Brais García @obuxato (instagram)
Ilustracións: A Cobiza
Revisión lingüística: Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Reices de Couso, Luzía Álvares
Deseño e maquetación: Diego Núñez Álvarez
Impreso na Galiza