lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «A saída da encrucillada»

21 de mayo, 2021 - 20:00

Presentación do libro «A saída da encrucillada»

Venres 21 de maio ás 20,00 horas no Vello Cárcere de Lugo na que o autor estará acompañado por Elías Pérez.

O foro OBenComún presenta A saída da encrucillada

Xoán Hermida redacta o epitafio da ‘nova política’ en Galicia

No 10º aniversario do movemento de indignación 15M, as eleccións celebradas o pasado 4 de maio á Asemblea de Madrid certificaron o fin da ‘nova política’. Pero o certo é que case un ano antes, o 12 de xullo de 2020, o resultado das eleccións autonómicas galegas xa anticiparan o seu final.

Galicia foi precursora no xurdimento da ‘nova política’ na esquerda, no espazo de dereitas non chegou nin a existir, e de igual xeito foi precursora na súa desaparición tras varios anos dun proceso de degradación continua.

A Saída da Encrucillada. Epitafio para a ‘nova política’ en Galicia no marco da pandemia antidemocrática; aborda as contradicións de nacemento, incluídos erros tácticos e apostas estratéxicas, que determinaron a (auto) destrución das novas estruturas de intervención política nun breve período de tres anos, como antesala do que posteriormente está a ocorrer a nivel estatal.

Con esta nova publicación Xoán Hermida pecha a súa triloxía dedicada a analizar a influencia en Galicia do que se deu en chamar ‘nova política’. Se (Re)construír a esquerda nacional (ObenComún, 2013) abordaba o proceso de xestación de AGE como primeira experimentación tras a ruptura da estrutura de partidos existente desde o final da transición, e Galicia na encrucillada da nova política (Galaxia, 2018) analizaba todo o proceso de desenvolvemento das novas estruturas de intervención política nunha nova etapa impulsada polos movementos sociais, este último titulo aborda o fracaso político de En Marea a calor das contradicións internas e as limitacións estruturais da chamada ‘nova política’.

A Saída da Encrucillada é o quinto titulo publicado polo foro de renovación política OBenComún e é o cuarto libro de autor de Xoán Hermida. O libro está prologado por Joám Lopes Facal.

A presentación do libro será o venres 21 de maio ás 20,00 horas no Vello Cárcere de Lugo na que o autor estará acompañado por Elías Pérez.

Detalles

Fecha:
21 de mayo, 2021
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X