
- Este evento ha pasado.
Presentación do libro: «A Xestión Cultural en Galicia»
22 de octubre, 2019 - 19:30

A XESTIÓN CULTURAL EN GALICIA chega o martes 22 de outubro (19:30) á Librería Trama, en Lugo, onde manteremos un encontro coa xerente da Rede Museística Provincial de Lugo Encarna Lago Gonzalez.
Con ela falaremos de #XestiónCultural e, máis concretamente, dos criterios de inclusión, accesibilidade e sostibilidade nos que a Rede Museística de Lugo traballa desde hai tempo.
Tamén poñeremos en común contidos do libro cos seus editores, Marcos Lorenzo e Sergio Lago, e teremos un coloquio aberto 😉
A XESTIÓN CULTURAL EN GALICIA tivo unha primeira difusión dixital, a través do xornal Praza Pública e agora, da man da editorial Andavira, está ao voso dispor en formato libro. Nas súas páxinas analízase a situación dos mundos da edición, do audiovisual, das artes plásticas, da música, das políticas públicas, do acceso a financiamento, da comunicación e a relación cos públicos ou da esfera dixital, entre outros ámbitos da cultura de nós: