miércoles, junio 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro: Contra o Bloqueo, Nós con Cuba

1 de febrero, 2019 - 19:00

Presentación do libro: Contra o Bloqueo, Nós con Cuba

Este venres na Librería Trama de Lugo: presentación de Contra o Bloqueo, Nós con Cuba

Coa presenza de:  Xosé Carlos Abal e de Alberto López

Este libro súmase a denuncia internacional contra o cerco a Cuba que xa atravesou a fronteira do medio século.

A Asociación Francisco Villamil inaugura Biblioteca Galego-Cubana Herminio Barreiro co presente título que dá conta dos danos materiais e humanos producidos polo bloqueo ao pobo de Cuba e da persistencia do ilegal cerco a pesar da repetida condena por aclamación da Asemblea Xeral da ONU.

O volume ilustra a historia e as graves consecuencias da máis prolongada violación do dereito internacional coñecida e repara na solidariedade internacional con Cuba durante a ofensiva deste anacronismo da Guerra Fría.

Nas súas páxinas, detállanse as diversas estratexias de propaganda política dirixidas polos autores do bloqueo ao opinión cubana co fin de reforzar os efectos do cerco político, diplomático e comercial e de transmitir ao mundo unha imaxe denigrante sobre a illa na que nunca figure a vontade de independéncia do pobo de Cuba nin a defensa popular do sistema socialista.

Compartir obxectivos coa Revolución Cubana é o fin da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, fundada en Vigo en 1984, con ámbito en todo o país. Ramón Fernandez Leal, expresidente da Asociación, entende que “estar con Cuba e a súa Revolución, defendela e apooiala, é pórse na beira da humanidade que traballa por un futuro diferente no que ten máis importancia compartir que competir”.

Detalles

Fecha:
1 de febrero, 2019
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21
Lugo, 27003
Web:
https://www.libreriatrama.com/
X