domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro ‘COVID 19-Periodistas’

19 de mayo, 2021 - 12:00

Presentación do libro ‘COVID 19-Periodistas’

O xornalista leonés Pedro Lechuga presenta este mércores, a partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o libro ‘COVID 19-Periodistas’, no marco dun acto público no que tamén intervirán a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, e o presidente da Asociación da Prensa de Lugo, Benigno Lázare.

Pedro Lechuga contou para a elaboración deste volume, que xa vai pola súa segunda
edición, coa colaboración de 19 xornalistas de 19 países diferentes que achegan ao lector
unha visión global de como os medios de comunicación de cinco continentes afrontaron
o reto de informar sobre a COVID-19. Un dos protagonistas desta publicación é o
xornalista galego Alberto Mancebo, correspondente de TVG en Portugal, quen dá a súa
versión sobre todo o acontecido durante a pandemia no país luso.

‘COVID 19-Periodistas’ é un libro non só pensado orientado aos xornalistas, senón que
tamén está dirixido a calquera persoa que teña interese en coñecer situacións e
acontecementos que tiveron lugar neses 19 países durante a pandemia. Lechuga aborda,
entre outros temas, o comportamento dos respectivos gobernos; como tentaron
controlar a información; cal foi a actitude da cidadanía; o impacto das redes sociais; a
proliferación dos contos ou a importancia da liberdade de prensa.

Os 19 países elixidos polo xornalista leonés nesta obra foron Alemaña, Arxentina,
Australia, Brasil, China, EEUU, Exipto, España, Francia, Holanda, Inglaterra, Italia,
Marrocos, México, Portugal, República Dominicana, Rusia, Turquía e Venezuela. A idea
inicial do autor era publicar este libro a través de Amazon, pero o veto sufrido pola
devandita plataforma levoulle a cambiar de estratexia e buscar a colaboración da
editorial leonesa Cultural Norte. Daquela, ‘COVID-19-Periodistas’ está á venda a través da
web www.zacaranda.com, tanto en formato impreso como electrónico.

Pedro Lechuga Mallo naceu en León (España) en 1978. É licenciado en Ciencias da
Información pola Universidade Pontificia de Salamanca. Desenvolveu a súa actividade
profesional na radio, televisión, prensa escrita e na comunicación corporativa. ‘COVID 19-Periodistas» é a primeira incursión no mundo literario deste autor, que tamén é
presidente da Asociación de Xornalistas de León e decano do Colexio Profesional de
Xornalistas de Castela e León.

Detalles

Fecha:
19 de mayo, 2021
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X