sábado, octubre 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «Dinamitadas, el despertar de la ironía»

20 de diciembre, 2018 - 19:30

Lugar: Biblioteca Pública de Lugo

«Dinamitadas, el despertar de la ironía» é un libro de viñetas cuxa protagonista é Dina Mita, unha nena de 9 anos irónica e irreverente que mira con ollos inxenuos, á vez que críticos, á sociedade na que vivimos. Defensora dos dereitos dos animais, ecoloxista e feminista, desde o seu nacemento, en 2013, estivo seguindo a vida política e a os seus protagonistas. «Dinamitadas…» recompila algunhas das súas viñetas e micro-cómics e conta con dous grandes prólogos: un do humorista gráfico Xaquín Marín e outro do catedrático Xesús Alonso Montero. E, coma se isto fose pouco, tamén conta con frases escritas sobre ela por grandes personaxes da cultura como, por exemplo, María Xosé Porteiro, José María Pérez «Peridis», Marica Campo, Helena Villar Janeiro, Mariña Núñez, etc. «Dinamitadas, el despertar de la ironía» é un libro que non deixa indiferente e a súa presentación é tan atípica como o propio contido do libro e a propia Dina Mita.

Presentan Ana Torrón e Ticiana Ghiglione Darriba

Entrada libre

Detalles

Fecha:
20 de diciembre, 2018
Hora:
19:30
Categoría del Evento:
X