domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentacion do libro «Feminicidio» de Carme Adán

30 de marzo, 2019 - 12:30

Presentacion do libro "Feminicidio" de Carme Adán

Presentacion do libro «Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión» de Carme Adán

Este sábado 30 de marzo ás 12:30h na Librería Trama: presentación de Feminicidio de Carme Adán. A

compañando á autora estarán Marta Rodríguez, presidenta de «Si hai saída”, e Xoan Manuel Vázquez, profesor de Filosofía.

O libro foi editado por Editorial Galaxia Falamos de Libros na súa colección Feminismos.

Mercar libro na web de Librería Trama

«Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión»

Tempos de submisión, seica. Ou non. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E o ser humano toma conciencia do que pasa a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo.

Mais non é este só un libro de palabras, porque, como di a autora, coñecida e importante intelectual galega no eido do pensamento feminista, as palabras teñen carne. E as mulleres son de carne e son reais. Como o patriarcado que, entre todas e todos, debemos entender para poder combatir.

Detalles

Fecha:
30 de marzo, 2019
Hora:
12:30
Categoría del Evento:

Local

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21
Lugo, 27003
Web:
https://www.libreriatrama.com/
X