lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro “Galiza, un país de primeira”

9 de junio, 2018 - 20:00

Presentación do libro “Galiza, un país de primeira”, escrito por Adela Leiro e Mon Daporta, fai un percorrido polas singularidades da nosa terra. Os beneficios recaudados pola venda desta obra serán a favor da Asociación GaliciAME. Ao remate da presentación haberá unha actuación do centro de Ensino Musical Rossini e unha degustación de produtos galegos.

“Galiza, un país de primeira”

A obra escrita por Adela Leiro e Mon Daporta, en palabras dos autores, é unha homenaxe ao noso pais, tan querido e pouco coñecido. Galiza é un pais de primeira porque ten moitas cousas das que sentir fachenda. Unha natureza vizosa, variada, con espazos, e especies únicas. Un territorio rico en recursos excepcionais e persoas emprendedoras e creativas…

GaliciAME

GaliciAME é unha asociación sen ánimo de lucro que xorde en Cambados a principio de 2015 fundada por Mercés Álvarez Fernández tras diagnosticarlle Atrofia Muscular de tipo 4. Esta asociación nace para apoiar a todos e cada un dos afectados por Atrofia Muscular (AME) en Galicia, tamén ofrece apoio e asesoramento a enfermos doutras comunidades.

O principal obxectivo é buscar e situar a afectados galegos e doutras comunidades e formar unha rede para apoiarse entre eles. Ademais ofrece un servizo de orientación tanto a afectados como a familiares ofrecendo a máxima información posible sobre a Atrofia Muscular Espinal, co fin de crear e situar unha rede de especialistas en Atrofia Muscular. GaliciAME está formada especialmente por voluntarios, afectados, familiares de afectados e socios.

Detalles

Fecha:
9 de junio, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X