
- Este evento ha pasado.
Presentación do libro «IMOS COLLER NIÑOS NOVOS»
29 de junio - 19:30

Presentación do libro «IMOS COLLER NIÑOS NOVOS» Os poemas galegos de Francisco de Fientosa nos cinco idiomas ibéricos
29 de xuño – 19:30 h. no salón de actos da Biblioteca Nodal (Avenida de Ramón Ferreiro).
Na publicación, ademais do estudo do profesor Otero Canto, inclúese:
- o limiar “Versos e ausencia: Cartografía literaria do Lorca Galego”, de Ricardo Polín, máximo entendido sobre a vida e obra do escritor;
- un traballo de Otero Canto sobre “Francisco de Fientosa e Crecente Vega, unidos pola Ponte de Outeiro”,
- e a versión en castelán, catalán, vasco e portugués, que proporcionan unha dimensión inédita para a poesía en galego do escritor da Ponte de Outeiro.
Intervirán, ademais dos responsables da obra, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez, e o Alcalde de Castro de Rei Francisco Javier Balado. A entrada será libre, ata completar aforo, e os asistentes serán agasallados coa publicación.