lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro ‘Libres e Vivas’

27 de octubre, 2021 - 11:00

Presentación do libro ‘Libres e Vivas’ a alumnado de 4º E.S.O e 1º de B.A.C nun acto que se celebrará o 27 de outubro, ás 11.00 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Xunto a alcaldesa, Lara Méndez, estarán a concelleira de Muller, Silvia Alonso, o director da Editorial Galaxia, Francisco Conde, así como María López Sández e María Xosé Porteiro, dúas das autoras participantes do volume.

“Este libro aborda a cuestión do machismo, da igualade e do terrorismo patriarcal contra as mulleres”, avanza a edil, que explica que a concellería asume a reedición de 2.000 exemplares, dunha obra escrita por importantes autoras galegas contemporáneas, que serán cos que se agasallen aos participantes do acto.

Anxos Sumai, Berta Dávila, Charo Pita, Elisabeth Oliveira, Esther F. Carrodeaguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Queixas e Paula Carballeira son as dez autoras dunha obra publicada pola editorial Galaxia que, desde diferentes puntos de vista, falan da igualdade e violencia machista.

Detalles

Fecha:
27 de octubre, 2021
Hora:
11:00
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X