
- Este evento ha pasado.
Presentación do libro «Manifesto 25N»
3 de junio, 2021 - 19:00

Este xoves preséntase na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos a publicación «Manifesto 25N», que reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, dende a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller.
O volume, publicado por Alvarellos Editora, é froito dun certame promovido pola Asociación Cultural Caldaloba en relación co Día Internacional da Violencia contra a Muller.
Dacordo cos protocolos de prevención da Covid -19, para asistir á presentación cómpre reservar praza no enderezo electrónico cultura@deputacionlugo.gal, indicando nome, DNI e contacto das persoas asistentes.