12.6 C
Lugo
Sáb, 20 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro “Nós tamén temos historia II”

20 de abril, 2023 - 19:00

Presentación do libro “Nós tamén temos historia II”

O salón de actos do IES Lucus Augusti será o escenario no que este xoves día 20 de abril ás 19:00 horas se presentará o libro “Nós tamén temos historia”, no seu volume correspondente aos alumnos de 2º de ESO A e 3º de ESO B,C e D do curso 2021-2022.

A entrada á presentación será libre e gratuita, e o libro poderá adquirirse alí a un precio de 16,00 euros cada un.

Coordinado polo profesor Gaspar Méndez Fuentes, este é un libro que reflicte un pasado recente da nosa historia do que moitas veces non somos conscientes.

Avós e avoas, bisavós e bisavoas dos alumnos participaron por convicción ou obrigados nunha guerra civil terrible no que estar nun ou noutro bando foi simplemente unha cuestión accidental, baseada no lugar onde a cada un lle sorprendeu o golpe de estado.

Historias de boa e mala sorte, de persoas que sobreviviron a feitos terribles e outras que non o fixeron, foron pasando de pais a fillos, e netos, recolléndose nun documento que temos que considerar coma unha fonte histórica da nosa cidade.

Tamén se inclúen historias de persoas que se viron envoltas en acontecementos históricos doutros países, coma o golpe de estado de Augusto Pinochet, a guerra de independencia de Alxeria ou persoas que viron doutros países tras contendas coma a mesma II Guerra Mundial.

Historias de emigrantes retornados, ou doutros que non volveron xamais á súa terra. Persoas que perderon anos da súa vida loitando en guerras nas que se viron atrapados ou mesmo en cárceres coma a de Lugo, simplemente por ter ideas diferentes…

Un libro verdadeiramente enriquecedor, e nun formato que facilita a lectura ao ser pequenas fichas con fotografías e un texto escrito polos propios alumnos.

Detalles

Fecha:
20 de abril, 2023
Hora:
19:00
Categoría del Evento: