Presentación do libro ‘O Caderno de Daia’
O poeta e investigador Luis Gustavo Cuntín presenta este luns 20 de xuño, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, o libro de poemas ‘O Caderno de Daia’, no marco dunha sesión na que tamén participarán o decano da Facultade e Filoloxía da USC, Elías Torres Feijoo; o subdirector da EPS de Enxeñaría, Emilio Carral Vilariño; o filósofo Javier Pérez Carrasco e o poeta Arturo L. Regueiro.
A obra, recentemente publicada na editorial especializada Chan da Pólvora, dentro da
súa colección Onsa, reflexiona sobre a vivencia do amor e a súa evolución no longo ciclo
vital longo do autor, a través do soliloquio deste e do seu diálogo sen resposta cunha
amada esquiva que non correspondeu, unha amada ora persoa real ora personaxe que
simboliza unha busca de sentido e transcendencia.
Alén do valor poético que se lle outorgue ás composicións, ‘O Caderno de Daia’, constitúe unha obra singular pola súa coherencia, polo calidoscópico das experiencias e tonalidades sensíbeis que percorre, pola densidade das referencias que evoca e polo coidado da súa linguaxe e estrutura.
A presentación do primeiro libro de poemas de Luis Gustavo Cuntín en Lugo dá continuidade ás distintas sesións desenvolvidas xa nos últimos meses nas principais
cidades de Galicia.
Cuntín aproveitará este encontro co público lugués para recitar algúns dos versos escritos, ademais de para transmitir as súas impresións respecto da temática e das motivacións que inspiraron estes versos.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte