lunes, noviembre 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «Paseando canguros»

21 de abril - 19:00

Presentación do libro «Paseando canguros»

O vindeiro xoves 21 de abril, a partir das sete da tarde, Xesús Trashorras presenta o seu libro de relatos titulado Paseando canguros. O libro foi editado Medulia.

Neste acto o autor estará acompañado por Montse González «Magadán» (escritora), e por Eduardo Carreira (escritor e pintor).

Xesús Trashorras naceu no ano 1956 en Castroverde (Lugo). Diplomado en EXB e licenciado en Ciencias da Educación, exerceu de mestre en varias localidades do Occidente de Asturias, maiormente na Veiga, e na última época en escolas de localidades preto de Lugo: Corgo, Friol, Nadela. Actualmente está xubilado.

Participou en varios proxectos colectivos: Mesturas, Roteiros das artes, Roteiro das artes internacional, revista Xistral, Libro homenaxe a Manuel María, Portugalicidades.

En marzo de 2017 publica o seu primeiro poemario O silencio do orballo, que se atopa esgotado na actualidade. E en 2018, publica «A Chamada de Brigid», poemas inspirados nunha viaxe realizada no verán do 2016 por terras irlandesas.

Chega agora ás librerías o libro de relatos Paseando Canguros. Sobre os relatos que se atopan ao longo das súas páxinas, o autor coménta que tratan de personaxes ou sucesos, entre a realidade e a ficción, case sempre cunha carga humorística salientable, onde directa ou indirectamente vai deixando ao descuberto parte da súa vida, pero sobre todo, das súas filias e fobias.

Detalles

Fecha:
21 de abril
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21
Lugo, 27003
+ Google Map
Ver la web Local