lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «Pasou o que pasou»

20 de mayo, 2021 - 19:00

O xoves 20 de Maio ás 19:00 horas no patio do Vello Cárcere de Lugo, Ateneo Galeguista de Lugo e Edicións Morgantes presentan o libro de Lito García Lago «Pasou o que pasou (doce estampas dos oitenta)», con prólogo de Suso de Toro. No acto intervirán o mantedor do acto Don Cándido Sánchez Castiñeiras, ex-delegado provincial de Sanidade de Lugo e o Don Lito García Lago, autor.

«Estas estampas que tes na man, amable lector, son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso –de divulgación máis que un ensaio puro e duro–, unha crónica política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa –quizais todas as son– mais aquela que se inaugurou coa autonomía política e se pechou coa vitoria –na foto finish– de Manuel Fraga, foi especialmente axitada. Houbo de todo: cambiou o curso do Amazonas, prendeu a mecha da rivalidade capitalina, un Borbón tivo que recuar… Por haber, ata houbo unha revolta duns conselleiros contra aquel que os nomeou. E tamén unha experiencia tripartita que acabou como acabou.Todo isto é o que se conta nestas páxinas. Sen maiores pretensións. “Sine ira et studio”, como dixo o clásico.»

. Poden inscribirse no correo rgngon@gmail.com.

Na presentación poderán mercar o libro nunha mesa colocada pola Libraría Trama.

Detalles

Fecha:
20 de mayo, 2021
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X