
- Este evento ha pasado.
Presentación do libro «Sinódica Luz»
23 de octubre, 2018 - 19:00

O vindeiro martes día 23 de outubro Xosé Otero Canto presenta o seu libro de poemas Sinódica Luz, co que gañou o I certame de poesía galega da Editorial Cuestión de Belleza.
No acto intervirán, ademáis do autor, o editor Arturo Camba, Xosé Luís Vázquez Somoza, Xulio Xiz e o clarinetista David Rodríguez Ramos.
Tal e como comentan no fallo do xurado, decidiron outorgar o Primeiro Premio ao poemario “Sinódica Luz”, obra do poeta chairego D. Xosé Otero Canto, pola orixinal e prismática ollada as luces máis íntimas do ser humano, as súas emocións, contrastadas coa máis ameazante e globalizadora escuridade exterior. Unha visión de inmensa forza expresiva, a través dunha maxistral, e persoal, riqueza léxica que acada un profundo lirismo. Unha obra de Beleza global.