13.3 C
Lugo
Mar, 30 May 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do volume número 5 da colección Philtáte

2 de junio, 2022 - 18:00

Presentación do volume número 5 da colección Philtáte

Data e lugar: Xoves, 2 de xuño de 2022. Edificio de Vicerreitorías de Lugo

Hora: 18.00

A profesora de Historia Antiga da USC Dolores Dopico Caínzos presentará este xoves, a partir das 18.00 horas, na sala de prensa do edificio de Vicerreitorías de Lugo, o volume número 5 da colección Philtáte, unha obra editada polo Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo na que se compilan os resultados das investigacións de dous proxectos de excelencia nacionais.

Dopico Caínzos, que tamén é a coordinadora científica desta colección, estará acompañada na sesión do tamén profesor da Área de Historia Antiga da USC Manuel Villanueva.

A vicepresidenta primeira da Deputación Provincial de Lugo, Tareixa Ferreiro, e o adxunto á Vicerreitoría de Organización Académica da USC, Antonio Álvarez, tamén intervirán na presentación desta nova publicación científica.

A última entrega da colección Philtáte, na que diversos investigadores afondan sobre a
intervención de Roma nas comunidades indíxenas do Noroeste Peninsular, inclúe
contribucións achegadas por profesores de diversas universidades españolas e
internacionais.

Daquela, este número presenta máis dunha ducia de artigos elaborados por investigadores da USC, Universidade do País Vasco, Universidade de Minho, Coimbra, La Sapienza di Roma, Cá Foscardi de Venezia e Grenoble. Tamén participan como autores outros investigadores pertencentes ás universidades de Málaga, Salamanca, Illes Balears,
Roira i Virgili-Tarragona, Laussanne, Burdeos, e da Anthropologie e Histoire des Mondes
Antiques (Anhima) de París.

Detalles

Fecha:
2 de junio, 2022
Hora:
18:00
Categoría del Evento: