jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do XIX Desencontro Inimigo

26 de octubre, 2019 - 13:30

Presentación do XIX Desencontro Inimigo

O Desencontro Inimigo é unha reunión/festival itinerante que se leva celebrando desde 2001 por toda España. A edición número 19 terá lugar en Lugo entre os días 5 e 7 de decembro de 2019.

A iniciativa procede dun grupo de seguidoras/es de Los Enemigos para homenaxear á banda madrileña e ser unha cita fixa para amantes do rock, do blues, do soul, pero sobre todo, do pracer de vivir a música en directo con “amigos que nadie te presentó”.

A organización e as sedes van rotando por toda España. En Galicia, terra inimiga, suman
xa catro edicións, contando esta próxima en Lugo (Monforte 2005, Vilalba 2012, e
Santiago de Compostela en 2017) . O programa baséase na celebración de concertos,
pinchadas, exposicións fotográficas, xuntanzas gastronómicas, roteiros culturais e unha
actividade deportiva: o campionato anual de fútbol sala, “Raspas Vs Porrones”.

Non se trata unicamente de facer unha homenaxe a Los Enemigos, o que acontecerá
realmente durante estes días, será toda unha celebración da música en directo e do bo
“rollo” do rock and roll.

A presentación do programa do Desencontro 2019 terá lugar no Ho! Gruf (Campo Castelo, 52) o día 26 de outubro, ás 13.30 coa actuación de Radio Zappa.

Radio Zapa! é un powertrio de rock explosivo e psicodélico de Compostela. Un estalido
de letras incisivas, fuzz e intensas atmosferas instrumentais formado por Martín Zapata
(guitarra e voz), Luís Iglesias (baixo e coros) e Fran Facal (batería e coros).

Detalles

Fecha:
26 de octubre, 2019
Hora:
13:30
Categoría del Evento:

Local

Ho Gruf
Plaza Campo Castelo, 52
Lugo, Lugo 27001 Spain
Web:
https://es-es.facebook.com/HoGruf/
X