domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación dun libro sobre as árbores senlleiras dos Ancares e O Courel

14 de febrero - 19:30

Presentación dun libro sobre as árbores senlleiras dos Ancares e O Courel

O Pazo de San Marcos acollerá o luns, 14 de febreiro, a presentación do libro Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel elaborado por José Gaspar Bernández, doutor en Investigación Agraria e Forestal, e Antonio Rigueiro, catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC), e co que colaborou a Deputación de Lugo.

O acto será ás 19:30 horas no Salón de Actos e será aberto ao público, podendo asistir de balde todas aquelas persoas que estean interesadas en coñecer de primeira man esta nova publicación.

Esta obra céntrase no estudo das árbores e formacións senlleiras das serras dos Ancares e do Courel e da súa contorna, un patrimonio natural que se debe conservar e tamén por en valor, pois constitúe un atractivo turístico máis desta comarca que é xenerosa en valores naturais.

Despois de analizar o que se entende por “árbore” ou “formación senlleira”, a publicación aborda o papel dos monumentos vexetais destas serras e da súa contorna ao longo da historia da catalogación dos mesmos en Galicia.

Así mesmo, ofrécese información detallada das 12 árbores/formacións incluídas na actualidade no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, dúas das cales foron recentemente descatalogadas, e tamén doutras 8 que se consideran merecentes de formar parte do catálogo, 3 das cales xa foron propostas.

No último apartado inclúense 16 exemplares non documentados ata o momento, como sinal inequívoca de que cun traballo de campo máis exhaustivo novas árbores e formacións senlleiras serían atopadas nestas serras.

Detalles

Fecha:
14 de febrero
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X