15.5 C
Lugo
Sáb, 30 Sep 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación e encontro arredor do libro ‘Ninguén queda’

13 de diciembre, 2022 - 19:30

Presentación e encontro arredor do libro ‘Ninguén queda’

Data: 13 de decembro
Hora: 19:30
Lugar: O vello cárcere, Lugo

Entrada libre
A Fundación Euseino? e a Librería Trama presentan ‘Ninguén queda’, de Brais Lamela, publicado por Euseino? Editores. Será un diálogo entre o autor, Brais Lamela, e Cecilia, F. Santomé, editora voluntaria na Fundación Euseino? e escritora.

Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.

Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos restos dos encoros e os perso­naxes ensimesmados que acumulan fragmentos de tempo esquecido conflúen nun relato sobre a existencia do fogar en circunstancias límite; un relato que traza o contorno do abandono e o desposuimento mais tamén o da supervivencia obstinada.

Cunha linguaxe interrompida, que transita e hibrida as fórmulas do ensaio interpretativo e as estratexias da ficción, Brais Lamela escribe unha obra sobre o arraigamento e a intersección de mundos, unha arquitectura literaria sutil que atopa novas posibilidades de escritura e asume desvíos e fracasos, un artefacto impuro, crebadizo, conmovedor.

Detalles

Fecha:
13 de diciembre, 2022
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95