
- Este evento ha pasado.
Presentación proxecto «Mulleres Colleiteiras»
1 de diciembre, 2021 - 20:00

Presentación proxecto «Mulleres Colleiteiras»
Mércores 01/12 ás 20h
Bico de Grao
Este proxecto de economía social naceu no 2013 como unha alternativa para empregar a
mulleres excluidas.
Arquitectos sen Fronteiras apoiou a iniciativa para brindar mellores condicións aos asentamientos chabolistas de As Rañas e A Pasaxe na Coruña.
Esta cooperativa sen ánimo de lucro, pretende ir máis alá da inclusión social das súas
participantes nun emprego formal, xa que tamén ten como obxectivo ambiental
aproveitar un recurso moi enerxético (aceite doméstico usado) evitando o problema de
verquidos, mediante un proceso local na totalidade do ciclo de xestión, dende a súa
recollida ata a súa transformación e utilización en equipamentos locais.
Actualmente a cidade de Lugo non conta cun servizo de recollida de aceite usado e
cremos que o modelo de Mulleres Colleiteiras debera expandirse á nosa comunidade.
Esta charla está destinada ao público en xeral e particularmente a todo o persoal
administrativo, educativo, e de hostelaría.
É desexable a inscrición previa no correo electrónico bicodegrao@gmail.com ou no
Whatsapp 651410992.
De balde.