domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación Rede Apoio Mutuo Lugo

5 de abril, 2018 - 21:30 - 23:00

«Seguindo as experiencias da Rede de Solidariedade de Seattle (Seasol) e os Colectivos de Solidariedade de París, un pequeno grupo de persoas vimos a propoñer un novo proxecto que nace máis como unha necesidade que como un desexo, ante a precariedade que aboca as nosas vidas, non só no mundo do traballo, senón tamén fóra de el, ante un capitalismo cada vez máis voraz onde a loita de clases preséntasenos como unha “cousa do pasado”.

Pero non vimos aquí a teorizar nin a pedir «carnets de militancia», senón a poñer en práctica redes de solidariedade para enfrontar as impostas precarias condicións de vida, tecer lazos e inverter a vulnerabilidade que produce o illamento do que bebe o sistema actual.

Quen non coñece a xente explotada no seu traballo? Afogada polo alugamento? Extorsionada polo propietario? Cantas de nós non fumos estafadxs en diferentes situacións? …

Son moitas as inxustizas que día a día xs de abaixo sufrimos sen que exista unha rede de apoio que logre unificar forzas. Incluso dentro do propio “activismo”, onde as utopías revolucionarias chocan coa realidade diaria, onde entre mitin e mitin estamos abocadxs a ter un curro de merda e vivir situacións de abuso. Dende onde ademais tampouco estamos a chegar á xente de fóra do “gueto” que, sen estar “politizada”, coñece de primeira man a miseria deste sistema escravista, racista e machista.

DEFENDÁMONOS!

TEZAMOS REDE!»

Rede Apoio Mutuo de Lugo – facebook –

Detalles

Fecha:
5 de abril, 2018
Hora:
21:30 - 23:00
Categoría del Evento:

Local

Vagalume Centro Socio-Cultural Aberto
Rúa Nóreas, Nº5
Lugo,
Web:
https://www.facebook.com/Vagalume-CS-CA-153974898000046/
X