jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Primeira fase da copa Gallaecia de Fútebol Gaélico

21 de diciembre, 2019

NADELA ACOLLE A PRIMEIRA FASE DA COPA GALLAECIA DE FÚTEBOL GAÉLICO

O vindeiro sábado 21 de decembro terán lugar no Campo Municipal de Nadela os
partidos correspondentes á primeira fase da Copa Gallaecia, competición que xa vai
pola cuarta edición.

Os Torques de Lugoslavia, que fan de anfitrión no Grupo 1 de cuartos de final, enfrontaranse ás Gróvias da Guarda a partir das 13:30.

Ao remate, o Berobreo de Cangas, equipa inscrita por primeira vez nesta tempada na
Liga Gallaecia, enfrontarase a Afiadoras de Ourense, vixente campionas de Copa e con
dous títulos do K.O. xa no seu regazo, nun xogo que comezará ás 15:00.

O mesmo sábado pola mañá celebraranse as demais eliminatorias, correspondentes ao
Grupo 2, no Campo de Cerqueirás, en Mos. A fase final, á que accederán as equipas
vencedoras destas eliminatorias, da Copa terá lugar o 23 de xuño.

Detalles

Fecha:
21 de diciembre, 2019
Categoría del Evento:
X