lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programa da 41 Semana de Cine de Lugo – Luns 21

21 de octubre, 2019

41 Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

Programa da 41 Semana de Cine de Lugo – Luns

17:00 h.-Vestíbulo do Auditorio Municipal Gustavo Freire, presentación do libro de Manuel Curiel en homenaxe ao actor lucense ANTONIO MOURELOS. Asistirá o homenaxeado e todos os asistentes recibirán cadanseu exemplar. A entrada é libre.

18:00 aprox.-Descubrimento das dúas primeiras placas do que vai ser o Paseo do Cine en Lugo, a vía central da antiga factoría Frigsa, que vai desde a Avenida de A Coruña cara ao Auditorio. A primeira será a do actor ANTONIO MOURELOS, homenaxeado o presente ano, e logo a de PRUDENCIA GRIFELL, a gran señora do cine mexicano, nacida en Lugo, homenaxeada en 2004, ano no que se colocou unha placa na casa da Rúanova onde naceu.

20:30 h.-Primeira sesión do ciclo XOIAS DO CINE no Auditorio. Asistirá Antonio Mourelos para saudar aos espectadores.

22:30 h. Inauguración oficial da Semana, na que Mourelos intervirá e recibirá o agasallo oficial da homenaxe que se lle rende.

Ver programa da semana completa

Entrada será gratuíta ata completar o aforo excepto no ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€ (os universitarios do Campus de Lugo terán un desconto do 50% no importe das súas entradas ensinando o carné universitario ao mercar a entrada)

WEB OFICIAL DA SEMANA DE CINE DE LUGO

 

Detalles

Fecha:
21 de octubre, 2019
Categoría del Evento:
X