viernes, julio 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programa do Entroido 2020 en Lugo – Mércores 26/02

26 de febrero, 2020 - 19:00

Actividades do Programa do entroido en Lugo.

Programa do Entroido 2020 en Lugo – Mércores 26/02

Ao cumprirse este ano os 20 anos da constitución da “Asociación Cultural Pepe
Barreiro”, organizou distintas actividades: ademais da convocatoria do concurso de
Ferretes de Entroido tamén promoveu a exposición ao aire libre ”ASOCIACIÓN
PEPE BARREIRO, UN ANTES E UN DESPOIS” inaugurada o día 12 de febreiro e
que pode visitarse na rúa da Raiña.

19.00 H.
No quiosco da música da praza Maior, Velorio da Sardiña, a cargo da asociación
cultural Pepe Barreiro. Están convitados todos os que queiran acompañar á familia
no Velorio e poden así mesmo, deixar constancia da súa pena no libro de firmas.

19.30 H.
Procesión da Santa Compaña, fará un percorrido pola praza Maior cantando
misereres en latín e achegarase ao Velorio para apoderarse da ánima da sardiña.

20.00 H.
Enterro da Sardiña. Organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro.
Saída do cadaleito do quiosco da música para se incorporar á Procesión no
Círculo das Artes e percorrer diferentes rúas de Lugo, con paradas na praza do
Campo e da Soidade ata rematar na praza Maior, onde se lerán os ferretes e
despediranse ata o ano que vén.

Programa completo

Detalles

Fecha:
26 de febrero, 2020
Hora:
19:00
Categoría del Evento:
X