16.6 C
Lugo
Mar, 3 Oct 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programación dos Codex Cinema 28-12 en adiante

28 de diciembre, 2022 - 1 de enero, 2023

Programación dos Codex Cinema 28-12 en adiante

Estreas:

A NOVELISTA E O SEU FILME

Hong Sang-soo volve a propoñer unha nova meta reflexión sobre o seu cine, esta vez
centrada na encrucillada da literatura e dende un punto de vista feminino, cunha clara
demarcación sempre inestable entre a arte e a vida. A Novelista e o seu filme gañou o
Oso de Plata (Gran Premio dO Xurado) no Festival de Berlín.

SINOPE: A famosa novelista Junhee reúnese con dúas amigas e a velada parece estar
cargada de certa amargura. Unha delas deixou a escritura para abrir unha librería e aínda
non lle dixo a Junhee que opina do seu último libro. A segunda é cineasta e nunca
adaptou o libro de Junhee, algo que tiñan planeado. Aínda que o máis desconcertante é
que Junhee non publicou nada nun tempo. En lugar diso, empezou a cuestionar o seu
enfoque literario e ten dúbidas sobre a sensibilidade que forxou o seu estilo e a súa
personalidade

RMN

O novo filme do director Cristian Mungiu, unha mostra do seu cine máis comprometido coa
realidade, tan claro como conciso, tan preciso como relevante, volve a demostrar a súa
facilidade para construír metáforas delicadas. Mungiu no perde un ápice da súa sensibilidade para converter ao espectador en privilexiado observador.

SINOPSE: Uns días antes de Nadal, Matthias volve ao seu pobo natal tras deixar o seu traballo en Alemaña. Está preocupado polo seu fillo e polo seu pai que se quedou só, desexa tamén volver ver á súa exmoza. Trata de implicarse máis na educación do neno, que pasou demasiado tempo a cargo da súa nai. Cando a fábrica que Csilla dirixe decide contratar a empregados estranxeiros, a paz desta pequena comunidade verase perturbada.

Detalles

Comienza:
28 de diciembre, 2022
Finaliza:
1 de enero
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web Local