Proxección de curtas premiadas nos Mestre Mateo
O Club Cultural Valle-Inclán pecha o primeiro semestre cinematográfico do ano 2022 coa proxección de catro curtas que acadaron premio nos Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
– A nena azul, de Sandra Sánchez. 2018. PREMIOS: Mestre Mateo 2019: Mellor Curtametraxe de Ficción.
– Xoves de comadres, de Noemí Chantada, 2020. PREMIOS: Festival de Málaga: Premio del público. 2021 Mestre Mateo: Mellor curtametraxe de Imaxe Real.
– Carne, de Camila Kater. Brasil, España, 2020. PREMIOS: 2021 Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe de animación.
– Xan, de Lucía Estévez, 2020. PREMIOS: 2021 Premio Mestre Mateo á mellor webserie.
Mércores, día 15 de xuño, no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 18:00 horas.
Entrada libre e de balde.
En colaboración coa Filmoteca de Galicia – CGAI e segundo convenio asinado coa AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte