miércoles, noviembre 9, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Proxección do documental “Mudar a pel. Viaxes de ida e volta”

10 de diciembre, 2021 - 19:30

Proxección do documental “Mudar a pel. Viaxes de ida e volta”

O venres 10 de decembro estréase no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a película  “Mudar a pel. Viaxes de ida e volta”,  que documenta as conclusións e reflexións xurdidas do encontro científico internacional organizado pola USC arredor das rutas xacobeas
o pasado mes de xullo.

Esa reunión, na que participaron expertos en antropoloxía de distintos países europeos, adoptou un formato itinerante de xeito que, ademais de conferencias e mesas de traballo, as persoas participantes compartiron un percorrido por treitos do Camiño Francés, Camiño Primitivo, Camiño Norte e Camiño Fisterra-Muxía, con parada en localidades como  Friol,
Guntín, Palas de Rei, Toques, Melide, Arzúa, O Pino, Santiago de Compostela, Padrón, Muxía e Fisterra.

O documental, dirixido por Jorge Moreno Andrés e financiado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle esa peregrinación científica e achégase a temáticas como o patrimonio, as emocións ou a alimentación, desde a óptica da antropoloxía e coas rutas xacobeas como fío argumental.

A proxección será as 19.30 horas, con entrada libre. Para facilitar o control da asistencia e o cumprimento das normas de prevención fronte á Covid-19, recoméndase a inscrición previa no enderezo electrónico
protocolo@deputacionlugo.org.

Detalles

Fecha:
10 de diciembre, 2021
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Ver la web Local