
- Este evento ha pasado.
Proxección e coloquio «Benvidas ao CLUB»
27 de noviembre, 2019 - 19:00

Proxección no Salón de actos da Facultade de Humanidades do documental «Benvidas ao CLUB» da directora Carmen PG Granxeiro, pola semana do Día Internacional contra as Violencias Machistas.
Nel tratarase o caso Carioca; unha das operacións contra a trata de mulleres de maior envergadura na historia de España, e que acontece na propia cidade de Lugo.
Despois do seu visionado: coloquio coa directora e con membros da plataforma cidadá Impunidade Carioca.