lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Raiceira

5 de marzo, 2018 - 20:00 - 22:30

Carme López (Voz e percusión) Sabela Vázquez (Cello) dentro do ciclo ‘Músicas a Carón da Mosqueira – Impulso os novos artistas de Lugo» Ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica.

Raiceira nace a comezos do ano 2018 coa idea de reinterpretar melodías populares extraídas da tradición oral galega. Trátase dun proxecto que busca acadar un son particular e diferente, onde se mestura unha parte máis tradicional, enmarcada na voz e as percusións de man, con outra máis afastada do popular, resultado das harmonías que o violonchelo achega. Dende unha presentación tradicional, que pretende reflectir en certa medida as características musicais propias de cada un dos lugares de onde proveñen as pezas, Raiceira ofrece unha revisión da tradición a través da mestura de diferentes estilos e aprendizaxes

Carme López Fernández (O Incio, 1992) é titulada en Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia no Conservatorio Superior de Música de Vigo, ademais de recibir formación non regrada en diversos campos relacionados coa música tradicional. Carme tamén é mestra de gaita, canto e pandeireta en diferentes escolas e asociacións, ademais de integrante de grupos como SondeSeu ou Os Minhotos.

Pola súa parte, Sabela Vázquez Ramos (Lugo, 1991) completou os seus estudos musicais en Córdoba, Vigo e Utrecht. En 2016 obtén o título superior de música na especialidade de violonchelo e ao longo da súa carreira recibe clases de diversos profesores, tanto do ámbito clásico coma de jazz e folk, entre eles Florence Ronfort, Barbara Switalska, Ran Varon, Viola de Hoog, Natalie Hass ou Marta Roma.

Detalles

Fecha:
5 de marzo, 2018
Hora:
20:00 - 22:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map
X