Recital presentación Xistral 24
Xistral é unha revista de poesía cun denominador común: a diversidade. Poetas, homes
e mulleres, de todas as idades e con moi diferentes traxectorias poéticas e vitais; dende
poetas consagrados/as ata outros/as que comezan a dar os seus primeiros pasos na
creación poética. Diversidade, igualmente, na temática, no estilo, na forma…
O número 24, que se presentará mañá, mércores, 14 de decembro de 2022, ás 19:30
horas, no salón de grupos do MIHL, inclúe achegas de 72 poetas e consta de 142
páxinas. Ademais, inclúe tamén 10 fotografías de Xosé Manuel Otero e de Xosé
Reigosa.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte