lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

ADIADO – Reencontros Musicais Facela – Gancho Sanches e Ian Kay

28 de agosto, 2020 - 20:30

ATENCIÓN ADIADO ADIADO

NOVAS DATAS: 25 E 26 DE SETEMBRO

O primeiro concerto dos Reencontros Musicais Facela terá lugar o venres 28 a partir das 20:30, con Gancho Sanches e Ian Kay. O sábado 29, Pauline en la Playa e Bigott situaranse a partir das 20:30. As entradas serán gratuítas, máis deberán retirarse con antelación na Oficina Municipal de Turismo, cun máximo de dúas por persoa.

Gancho Sanches

Tal e coma sempre formou parte do Fa Ce La Fest, xermolo deste ciclo de concertos, a aposta polas bandas galegas, este ciclo contará coa banda de Psych-Folk Chantadina Gancho Sanches, que demostrarán unha vez máis co seu directo que o galego se adapta de forma marabillosa a calquera estilo de música.

Ian Kay

Chegará coa súa banda para presentarnos en «Walk that road again» producido e gravado en Los Ángeles. Música que nos fala de historias de amor persoal, a través da angustia, despertares groseiros e outras relacións disfuncionais. Historias punkish e as veces provocativas.

Pauline en la Playa

É un grupo de música pop asturiano composto polas irmás Mar e Alicia Álvarez, que toma o nome do filme francés Pauline na praia (Éric Rohmer, 1983). Un concerto moi especial, dun grupo que non se prodiga moito nas súas actuacións en directo.

Bigott

O artista zaragozano presentará en Lugo o seu derradeiro disco “This is all wrong”(2020), publicado xusto antes da crise sanitaria; disco preciosista e atemporal que nada entre o twee pop e o folk.

Detalles

Fecha:
28 de agosto, 2020
Hora:
20:30
Categoría del Evento:
X