sábado, octubre 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Relatorio «Restauración do cadro Cabeza de Apóstolo»

8 de abril - 20:00

Relatorio «Restauración do cadro Cabeza de Apóstolo»

Venres, día 8 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo a charla divulgativa impartida por Blanca Besteiro García e introducida por Aurelia Balseiro García, “Proceso de restauración da pintura Cabeza de Apóstolo, Depósito do Museo Nacional do Prado no Museo Provincial de Lugo”.

Esta charla ven dada pola finalización do proceso de restauración dun cadro, da Sala de Arte Sacra (planta baixa nº 6) co permite ao MPL incorporar de novo unha obra que aumenta a presenza do Museo do Prado en Lugo.

Despois dun proceso de restauración realizado por Blanca Besteiro Garcia, restauradora do MPL, supervisado por María López Villarejo, restauradora de pintura do museo estatal, a obra titulada “Apóstolo” do taller de Guido Reni datada nos século XVII, pode contemplarse de novo no Museo Provincial de Lugo.

Este traballo é froito da cordial colaboración institucional entre ambos museos coordinada entre o Servizo de Depósitos e de restauración do MNP,  e a dirección do MPL.

Trátase dun relatorio técnico sobre o proceso da restauración efectuada na pintura ao óleo sobre lenzo Cabeza de Apóstolo, depositada en 1940, polo Museo Nacional do Prado no Museo Provincial de Lugo.

A obra permanecía na área de reserva de Belas Artes do MPL, debido ao seu estado de conservación ata que se procedeu coa restauración  autorizada polo Departamento de Restauración do Museo do Prado e coordinado e supervisado por María Villarejo. Na charla verase a situación inicial, as técnicas e medidas implementadas e o espléndido resultado, servindo tamén como divulgación do traballo técnico realizado acotío nos museos.

Detalles

Fecha:
8 de abril
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
+ Google Map
Teléfono:
982 24 21 12
Web:
http://redemuseisticalugo.org/index.asp
X