sábado, noviembre 12, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Relatorio sobre Segovia e o seu acueduto

27 de enero - 20:00

Relatorio sobre Segovia e o seu acueduto este xoves 27, a partir das 20.00 horas. Casa do Saber.

O acceso é libre e de balde ata completar o aforo

O catedrático de Historia Antiga da Universidade do País Vasco Juan Santos Yanguas ofrece este xoves 27 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o relatorio ‘Segovia e o seu acueduto: lenda e historia’.ç

Nesta sesión, promovida pola tamén docente de Historia Antiga da USC e directora científica da Domus do Mitreo, Dolores Dopico Caínzos, Santos Yanguas analizará as distintas propostas mitolóxicas ou lexendarias da fundación de Segovia, que teñen aHércules e ao seu sobriño Hispán no centro das mesmas (Hércules como fundador da cidade e Hispán como epónimo da península, en tanto que en Hércules e Hispán estaría a
orixe da Monarquía hispana).

O profesor Santos Yanguas repasará na súa alocución o raizame ancestral desta monarquía hispana xa desde época medieval e, sobre todo, no momento en que a mesma pretendía ser a máis poderosa de Europa. Cómpre lembrar así a existencia dun gran interese en entronca esta monarquía coa tradición exipcia, grega, romana e cristiá, sobre todo a partir do Renacemento, momento no que Trajano comeza a ocupar un lugar importante en relación co carácter romano do acueduto.

Esta primeira parte completarase co que realmente se sabe a través da historia e da arqueoloxía sobre a fundación de Segovia, cidade dos arévacos conquistada polos
romanos a inicios do s. I a. C. A segunda parte da conferencia consistirá en describir detalladamente o acueduto como edifico fixándonse sobre todo nos datos achegados polas distintas actuacións arqueolóxicas para o coñecemento da captación e a distribución da auga cun aporte importante de ilustracións.

Os datos epigráficos e arqueolóxicos permiten asemade analizar a data de construción do
edificio e a asignación que se realizou a distintos emperadores polos estudosos que se ocuparon do tema (desde Claudio até Trajano). Santos Yanguas aportará neste senso novidades interesantes resultado de recentes investigacións a partir dos materiais achados nas fosas de sustentación sen remover dos piares 115 a 177.

Detalles

Fecha:
27 de enero
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001