miércoles, octubre 5, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Relatorio: «Visibilizar o invisible. Distintas formas de violencia cara as mulleres con discapacidade.»

20 de noviembre, 2018 - 19:30

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, a presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez, e o presidente de COGAMI, Lolo Celeiro, presentaron este luns o relatorio Visibilizar o invisible. Distintas formas de violencia cara as mulleres con discapacidade. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do calendario da programación para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas.

Esta iniciativa busca promover a toma de consciencia das distintas experiencias que viven as mulleres con discapacidade no día a día. Reflexionarase sobre o procedemento de empoderamento para a toma do control das súas propias vidas dun xeito autónomo e satisfactorio, ademais de visibilizar os distintos tipos de violencia que se poden exercer sobre elas e os indicadores que facilitan unha maior sensibilización ante estas realidades.

Detalles

Fecha:
20 de noviembre, 2018
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X