
- Este evento ha pasado.
Retrospectiva Márta Mészáros «Non choredes, preciosas»
30 de octubre, 2022 - 18:00

Retrospectiva Márta Mészáros «Non choredes, preciosas»
O domingo 30, ás 18:00, continúa a Retrospectiva Márta Mészáros coa proxección da segunda longametraxe da directora: Non choredes, preciosas (1970).
Ás 18:00 o músico Alfonso Espiño presentará o filme. Márta Mészáros foi a primeira directora en gañar o Oso de Ouro da Berlinale en 1975 polo seu filme Adopción.
En Non choredes, preciosas! a directora, fiel á súa vontade de retratar a época na que filma, roda con verdadeiras bandas beat do momento, claramente influenciadas polos Beatles. Capta a escena musical e recolle a rebeldía dunha xeración que soña con romper as constricións sociais, en contra da tradición e o poder político.