
- Este evento ha pasado.
Risoterapia
16 de enero, 2019 - 19:00

Promovido por: A PIPA DA LÚA
A Risoterapia é unha técnica psicoterapéutica que, facendo uso da risa, intenta achegar os beneficios mentais e emocionais á persoa participante.
Aínda que non é unha terapia por definición, os efectos psicolóxicos positivos que aporta, facilitan a positividade e por tanto a resolución e peche de procesos persoais.
O traballo realízase de xeito grupal, fomentando as relacións sociais e a aceptación integral de cada un, favorecendo asemade, a liberdade e a relaxación para conlevar a un maior benestar na súa triple dimensión.
A risa emprégase como ferramenta, non como fin en sí mesmo, neste sentido a resistencia apenas é observada no traballo das sesións; non se trata de simple humor exterior, trátase de atopar a risa espontánea e natural dende o interior.
A actividade diríxea Tania S. Luaces Psicóloga col. NºG-4401.
O mércores 16 de xaneiro de 2019 terá lugar a celebración de unha sesión de proba de asistencia gratuita previa inscripción.
As seguintes sesións se ofrecerán con carácter mensual, nas datas que se acorden.