domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roga da Luz

21 de junio, 2018 - 16:30 - 21:00

Lugar: Penas de Rodas, Gaioso, Outeiro de Rei

A Roga da Luz é herdeira dun tempo no que as persoas se xuntaban para facer labores como a sega, a malla, a colleita ou o amaño dos camiños. A veciñanza axudábase mutuamente e aproveitaba a ocasión para alimentar e celebrar o espírito de irmandade que hoxe invocamos.

Nesta ocasión, Davide Salvado é o encargado de convocar unha roga, esta vez para traballar pola unidade e o ben común.

Davide, unha das voces máis carismáticas do noso país, galardoado dúas veces co Premio Martín Códax, será o encargado de guiar a pandereteiras de toda Galicia para cantar no vindeiro solsticio de verán en Penas de Rodas.

 

A convocatoria é aberta, pódese sumar quen o desexe, somente fai falta que cada quen traia a súa mantiña para acomodarse.

Se eres pandereteira (término inclusivo que se refire tamén aos homes) tes dúas opcións:

a) Podes acudir directamente o xoves día 21 de xuño coa túa mantiña e pandereta.

b) Se sintes que eres parte do proxecto, queres construilo con nós e cantar en círculo con Davide Salvado, podes sumarte aos ensaios que terán lugar os luns as 20:00h no local do Arco Iris Musical, na rúa San Roque 66 de Lugo.

Se non eres pandereteira pero queres participar igualmente na construcción do proxecto, podes participar tamén na elaboración dos arcos de benvida, da man da cesteira Idoia Cuesta.

Tanto si eres pandereteira e queres participar nos ensaios con Davide, como si queres traballar da man de Idoia, é necesario inscribirse mostrando a túa preferencia no enderezo bosquesagradodelugo@gmail.com

Detalles

Fecha:
21 de junio, 2018
Hora:
16:30 - 21:00
Categoría del Evento:
X