
- Este evento ha pasado.
Roteiro á Colección de Instrumentos musicais do CENTRAD
7 de abril, 2018 - 12:00 - 13:30

Esta cita será o sábado, día 7 de abril, dende ás 12:00 ata as 13:30 horas, e estará dirixida por persoal do CENTRAD. A colección – visita virtual – está constituída por fondos procedentes da antiga sección de música do Museo Provincial de Lugo, fondos de produción propia froito de diferentes proxectos de investigación, adquisicións, doazóns e depósitos de particulares. Completan a colección importantes fondos documentais e bibliográficos reunidos ao longo destes anos relacionados coa materia. A tipoloxía dos seus bens abrangue instrumentos de música, tanto do patrimonio musical galego como numerosos exemplares procedentes doutras culturas, instrumentos mecánicos, obxectos e xoguetes sonoros, indumentaria tradicional e réplicas en petro de iconografía musical. Destaca a colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII.
Actividade programada dentro da celebración dos Días Europos da Artesanía
Toda a información sobre esta actividade gratuíta pódese consultar no seguinte teléfono 982 21 00 66, ou no correo electrónico: info.centrad@deputacionlugo.org.