lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro «As estacións do lobo» con María Reimóndez

8 de febrero, 2020 - 11:00

Portada de As estacións do Lobo

A novela ‘As estacións do lobo’ (Xerais 2019) de María Reimóndez ten como protagonista a Clara, unha adestradora canina, mais tamén a cidade de Lugo.

A autora organiza un roteiro, un percorrido físico polos espazos e temáticas da novela o sábado 08/02.

O roteiro incluirá lecturas, intervencións e sorpresas para achegarse doutro xeito ao texto desta obra que forma parte, xunto con En vías de extinción, A música dos seres vivos, Dende o conflito e As cousas que non queremos oír, do Ciclo dos elementos, unha serie de novelas independentes mais interconectadas.

Información básica: saída ás 11h da Gasolineira de San Rafael, na Avenida da Coruña 310 e remata na Estación de autobuses aproximadamente dúas horas despois. Pode participar calquera persoa de calquera idade e, con especial relevancia, cans.

A actividade non se suspenderá se chove, poderá realizarse con paraugas igualmente.

A actividade é gratuíta mais cómpre inscribirse mediante este formulario google:

https://forms.gle/32x9AJvKo6Lw2Ssm7

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición, que pechará o día 7 de febreiro ás 20 horas.

Para calquera dúbida podes contactar con mariareimondez@gmail.com

Presentación do libro «As estacións do Lobo» no Vello Cárcere

Detalles

Fecha:
8 de febrero, 2020
Hora:
11:00
Categoría del Evento:
X