martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro “As nosas sagradas montañas”

21 de noviembre, 2021

Roteiro “As nosas sagradas montañas”

Promove ADEGA

Información de ADEGA:

Este domingo 21 de novembro, continuando co programa de roteiros “As nosas sagradas montañas” camiñaremos pola Serra da Cova da Serpe, e coñeceremos algunhas das lendas que orixinou a cova, situada na confluencia dos Concellos de Friol, Guitiriz e Sobrado, e que estivo a piques de desaparecer coa dinamita eólica.

Comezaremos no Camiño de Santiago Norte, preto da aldea A Pena Branca, dende onde
subiremos ao alto para acadar as pistas forestais e dos parque eólicos, paralelas á liña dos
cumios da Serra da Cova da Serpe ata chegar ata a Cova, orixe de moitas lendas.

Seguiremos o trazado das pistas, ata dar coas aldeas da contorna da parroquia das Negradas, val que se pecha entre os montes desta parte da Serra. Collemos novamente o Camiño Norte, e outra vez a estrada que nos levou ata Pena Branca, pero agora preto de Mariz, pasando polo Vilar.

A Dificultade desta andaina e Media/Baixa, tendo en conta que a primeira subida, dende
A Pena Branca e o cumio da serra ten unha forte pendente (coincidindo co paso do Camiño de Lugo á Coruña).

Esta ruta é un exemplo da paisaxe rural da Dorsal galega, na contorna da Serra do Cordal de Montouto, Serra da Loba, da Chaira, Guitiriz, a Braña do Boedo (unha das maiores brañas da Península e totalmente descoñecida).

Tamén poderemos observar Paporroibo, Miñato, Pombo, acivros, carballos, castiñeiros e bidueiros.

O guía aconséllanos levar chaleco, botas ou calzado forte, bastón, mochila, chuvasqueiro, roupa de abrigo e repouso, auga e comida (xantaremos polo medio da ruta).

Esta actividade pode ser axeitada para rapazas e rapaces de máis de 10 anos con experiencia en sendeirismo.

A distancia aproximada é de 9-12Km.Este roteiro faise en colaboración cos colectivos Xermolos e Lareira de Soños.

Para participar no roteiro é necesario inscribirse antes do venres 19 de novembro a través do formulario https://roteirosadegalugo.wordpress.com/reserva/, cubriranse as prazas por orde de inscrición. Toda a información na bitácora dos roteiros
https://roteirosadegalugo.wordpress.com/ e www.adega.gal ou chamando ao 982240299.

Detalles

Fecha:
21 de noviembre, 2021
Categoría del Evento:
X