jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro de outono, saída xeolóxica

19 de octubre, 2019 - 10:30

Roteiro de outono, saída xeolóxica

Organiza: Comisión de Normalización Lingüística da EPS

Sabías que aquí pertiño de Lugo, uns poucos km do concello de Portomarín concentran vestixios de toda a historia xeolóxica da provincia? Alí pódense ver calcarias, pedras de gra, lousas, cuarcitas…, rochas que non adoitan aflorar xuntas noutros puntos da xeografía galega. Pero tamén o fondo de antigos mares e océanos de hai 400 millóns de anos, convertidos hoxe en montañas completamente pregadas.

Todo iso modelado polos ríos Miño e Ferreira, que levan millóns de anos creando e transformando vales fluviais, aluvións e meandros, modelando a aparencia dun territorio cuxa orixe remonta aos primordios da era Paleozoica, hai 500 millóns de anos.

E para non perder nada, contaremos cun xeólogo especializado en divulgación, que nos axudará a ver e a entender o que vemos.

Veña, vente con nós. Non son nin 15 km, e de pouca dificultade.

Sairemos en bus desde a marquesina que está ao lado da EPS, o sábado 19 de outubro ás 10,30 da mañá. Comezaremos a andar en Navallos, para seguir pola Barreira, San Xulián, Vila, Bagude e as beiras do río Ferreira.

Toda a xornada é de balde, así que corre apuntarte no enderezo xavierbarros@olhodesapo.com ou no teléfono 609 792 258 antes de que quedes sen praza.

Do único que tes que ocuparte de levar comida e bebida para o xantar, porque imos comer no propio camiño. E roupa e calzado adecuados, que imos andar polo monte, e as pistas forestais están como están… e unha peza de roupa de abrigo nunca sobra.

Detalles

Fecha:
19 de octubre, 2019
Hora:
10:30
Categoría del Evento:
X