domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro literario «A Xeración Nós e Lugo»

28 de noviembre, 2020 - 12:00

Roteiros literarios por Lugo

As actividades son gratuítas, e debido aos protocolos sanitarios, a cabida de cada unha estará limitada a 5 persoas. A inscrición deberá realizarse previamente, contactando co correo electrónico oficina@aelg.org. Durante os distintos percorridos será preciso cumprir coa distancia de seguridade e o uso de máscaras. Maite Ferreiro lembrou que “desde a área de Cultura queremos achegar a cultura a todas as veciñas e veciños dun xeito seguro, axudando e promocionando o tecido cultural lucense e galego”.

A Xeración Nós e Lugo

Antonio Reigosa

Sábado 28 de novembro, 12 horas. Saída desde a praza da Soidade (diante do Museo Provincial)

Aparentemente, a nómina de persoeiros lucenses nas actividades da chamada Xeración Nós, nomeadamente as colaboracións no seu Boletín, non semella moi destacada. Porén, a pouco que revisemos os seus índices axiña comprobamos que hai dous tipos de lucenses, nativos e inmigrados, que achegan o seu saber. Os nacidos en Lugo cidade ou na provincia como Bal y Gay, Ánxel Fole, Correa Calderón, Villar Ponte, Lois Peña Novo, Fernández del Riego, Aquilino Iglesia Alvariño, Noriega Varela ou Cunqueiro e os que sendo de fóra, varios ourensáns, fixeron de Lugo residencia profesional e vital. Velaí o caso de Primitivo R. Sanjurjo, Ben Cho Shey, Antonio Fraguas ou Carvalho Calero. Hai entre eles músicos, historiadores, políticos, profesores, poetas, narradores… Por outra parte, o Boletín Nós fíxose eco de numerosas novas relacionadas coa actividade cultural desenvolvida na cidade de Lugo entre 1920 e 1936. Percorreremos, desde a evocación das súas aportación ao proxecto Nós, unha parte da pegada da súa memoria na cidade de Lugo. As rúas que levan o seu nome, os lugares onde residiron ou traballaron e a súa contribución á vida cultural e intelectual da cidade.

Percorrido:

Praza da Soidade, rúas A. Fraguas, L. Peña Novo, praza Maior, praza Campo Castelo, Paseo dos escritores, Círculo das Artes, rúa Bispo Aguirre, IES Lucus Augusti e Parque Rosalía de Castro.

 

Roteiro arredor de As estacións do lobo

María Reimóndez

Sábado 5 de decembro, 11 horas. Saída desde a avenida da Coruña 310.

A novela As estacións do lobo (Xerais 2019) de María Reimóndez, ten como protagonista a Clara, unha adestradora canina, mais tamén a cidade de Lugo. Por iso propomos un percorrido físico polos espazos e temáticas da novela en compaña da súa autora. O roteiro incluirá lecturas, intervencións e sorpresas para achegarse doutro xeito ao texto desta obra que forma parte, xunto con En vías de extinción, A música dos seres vivos, Dende o conflito e As cousas que non queremos oír, do Ciclo dos elementos, unha serie de novelas independentes mais interconectadas. Pode participar calquera persoa de calquera idade e, con especial relevancia, cans. Iremos camiñando sen présa e parando en diferentes lugares, algúns deles con espazo para descansar. Procuraremos que o paseo sexa relaxado tamén para participantes de catro patas. A actividade non se suspenderá se chove, poderá realizarse con paraugas igualmente.

Percorrido:

Gasolineira de San Rafael, Instituto Anxel Fole, Praza da Milagrosa, Praza de Ferrol, Estación de autobuses

Detalles

Fecha:
28 de noviembre, 2020
Hora:
12:00
Categoría del Evento:
X