Roteiro “O Miño ameazado en orixe»
A delegación de Lugo de ADEGA conƟnua co programa de roteiros 2022/23 que leva por ơtulo “Depredación da natureza ou autosuficiencia”.
Este domingo 18 de decembro, contaremos coa parƟcipación da Plataforma Alto Miño Eólica Así Non, que nos guiarán neste roteiro no que comprobaremos a magnitude do desenrolo de renovábeis no noso País.
O punto de parƟda deste roteiro será no centro de Meira. Xa na propia vila somos conscientes da afectación social e patrimonial do actual desenvolvemento eólico, pois parte da vila queda dentro da poligonal do proxecto VenƟsca e a outra ao proxecto eólico Monzón.
Veremos o trazado da liña de evacuación, con afectación, dada a súa proximidade ao Mosteiro de Santa María, catalogado como Ben de Interese Cultural e coñeceremos algo máis deste ben patrimonial.
O autobús deixaranos nas proximidades do Alto do Pereiro, punto de inicio da ruta circular, duns 5Km de percorrido polos terreos afectados polo parque eólico Monzón, zona cunha grande acƟvidade agrícola e gandeira.
Dende o alto seremos conscientes da grande canƟdade de aeroxeneradores xa implantados e en funcionamento nas serras estremeiras, como as da Cruz da Cancela, Campo do Oso ou San MarƟño de Corbelle.
Unha vez rematada a andaina colleremos novamente o autobús para retornar a Meira e xantar ao cuberto no Cabanón.
Dende aquí achegarémonos ata Cirio, en Pol, para ver a magnitude dos eólicos xa instalados e en funcionamento, similares aos proxectados nas centrais eólicas de Meira. Ademais coñeceremos a Ermida da Nosa Señora das Neves.
A dificultade deste roteiro é baixa.
Información e reserva da praza
Na propia bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo (hƩp://roteirosadegalugo.wordpress.com) irase actualizando toda a información relaƟva a cada saída e as indicacións para formalizar a reserva.
As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 13h do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.
Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á parƟcipación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.
Prezo xeral: 18€; Socios/as de ADEGA: 12€; Estudantes ou en paro: 15€; ata 14 anos: 5€.
Para máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 982 240299 ou escribir a
adegalugo@adega.gal.