jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro: Terras do Miño, terras do Neira e fontes do río Tórdea

19 de enero, 2020

Roteiro: Terras do Miño, terras do Neira e fontes do río Tórdea

O vindeiro domingo 19 de xaneiro, continuando co programa de roteiros “Tecendo Redes”, ADEGA organiza un roteiro polas parroquias de Furís e Páramo. Cun desnivel aproximado de 300 m e unha lonxitude de 17Km, a duración será dunhas 4’5h.

O roteiro comeza e remata ao pé da igrexia de Furís (San Estevo). A través de camiños rurais sen asfaltar na meirande parte do percorrido, poderemos coñecer elementos de gran interese ambiental como son o carballal de Furís, algunhas árbores senlleiras e os afluentes do río Tórdea; e bens patrimoniais de gran valor histórico cultural como xacementos arqueolóxicos, igrexias, capelas e cruceiros, construccións etnográficas, e ademais camiñaremos nalgún tramo pola Vía Romana XIX.

Disfrutaremos de fermosas vistas da Fonsagrada, Ancares, as Terras do Páramo, Corgo ou Lugo. É preciso reservar a praza antes do xoves 16 de xaneiro ás 14h chamando ao 982240299 ou a través da web http://roteirosadegalugo.wordpress.com/

Programación de roteiros de ADEGA-Lugo

Detalles

Fecha:
19 de enero, 2020
Categoría del Evento:
X