viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ruta ‘Lingua e patrimonio’ pola Mariña luguesa

20 de abril, 2018 - 08:00 - 14:00

Hoxe venres 20 é a data límite para inscirbirse nesta ruta.

A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC organiza unha ruta pola Mariña Lucense o vindeiro sábado 21 de abril coa intención de afondar no patrimonio, natureza e a lingua da costa da provincia de Lugo.

Inscrición: as persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico a mariadomar.perez@usc.es para reservar a súa praza. A saída está prevista para as 9.00 horas desde a Facultade de Formación do Profesorado. O autobús da expedición comezará en Formación do Profesorado un percorrido cara a Mariña luguesa que inclúe unha visita guiada por membros de Mariña Patrimonio ao complexo siderúrxico e cerámico de Sargadelos.

A ruta continuará por Burela, onde se visitará o barco-museo ‘Reina del Carmen’, e rematará en Ribadeo, onde os organizadores deste itinerario teñen a intención de coñecer a Casa do Concello, así como ría do Eo e casco histórico ribadense. A chegada a cidade de Lugo está prevista para as 20.30 horas.

Detalles

Fecha:
20 de abril, 2018
Hora:
08:00 - 14:00
Categoría del Evento:
X